Rutas de sendeirismo e ciclismo, nomes de marcadores no mapa, selección de traxectos, gráfico de elevación e máis na versión de agosto

August 9, 2025

Instala a versión de agosto de Organic Maps, descarga os últimos mapas e descobre rutas populares de sendeirismo e ciclismo en todo o mundo! Preme o botón "Capas" na parte superior esquerda para ver rutas coloreadas de bicicleta e BTT, así como sendeiros oficiais para camiñar e pasear. Non ves nada cerca? Entón é momento de engadir a información que falta a OpenStreetMap.org, xa que todos os datos do mapa en Organic Maps proveñen dese proxecto aberto, gratuíto e impulsado pola comunidade.

Sabías que calquera traxecto gravado ou importado GPX/KML no mapa pode ser seleccionado? Os traxectos con datos de altitude mostrarán o seu gráfico de elevación.

Para ver os nomes dos marcadores no mapa, activa esta nova característica na configuración de Organic Maps.

Grazas aos nosos colaboradores ❤️ e ás túas doazóns, hai moito máis nesta actualización.

P.D. ...e moito máis está por vir! O teu apoio axúdanos e motívanos para construír os mellores mapas – xuntos.

Notas detalladas da versión

iOS

Android

Melloras de estilos e iconas

Melloras diversas

Obtén Organic Maps dende a AppStore, Google Play, Huawei AppGallery, Obtainium, Accrescent, e FDroid.

Volver a Noticias